Sunday 05 de May de 2024

ASPACE visita o Museo do Traxe en Ordes


O Museo do Traxe acolleu unha visita do máis especial. Membros de Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE), procedentes de Sada, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a gran colección de traxes e indumentarias que alberga este importante museo situado no corazón urbano de Ordes. Aproveitando o bo tempo tamén puideron desfrutar dun xantar ao aire libre no paseo fluvial Ramiro Recouso. Sen dúbida foi unha xornada divertida e diferente para todos e todas.